Saturday 16 de November de 2024

Laxe premia as dedicatorias de amor máis especiais desta 5ª edición do certame ‘Dillo ben bonito’


• ‘Rabia con amor’, ‘O noso destino: o mesmo’ e ‘E ti que sintes?’ integran o pódio deste ano

• Entre as dúas canles habilitadas recibíronse un total de 1058 votos, 128 a través de WhatsApp e 1186 na canle de Facebook.

O Concello de Laxe publicou a relación de gañadores da quinta edición do certame ‘Dillo ben bonito: O amor prémiase en Laxe’.

Nesta edición, o concurso contou cun total de 17 dedicatorias presentadas, entre as que se repartiron os 1058 votos emitidos a través das dúas canles habilitadas: a páxina de Facebook do Concello de Laxe e o servizo de mensaxería instantánea NovasLaxe.

As nove máis votadas levaron premio. ‘Rabia con amor’ foi a proposta máis votada cun total de 277 votos; seguida de ‘O noso destino: o mesmo’, con 182; e ‘E ti que sentes’, con 156. Estas son as tres propostas que integraron o pódio e que terán como recompensa unha noite en Cabanas Narea, Hotel** O Náutico e Islow Coliving, respectivamente.

Tamén foron agraciadas cunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas en establecementos do municipio outras seis propostas: ‘Sorrisos e bágoas’, ‘Porque…’, ‘Quérote todo’, ‘Non hai maneira’, ‘Espazo compartido’ e ‘O viaxe’.