A súa posta en marcha foi aprobada por unanimidade no pleno de outubro a proposta tamén dos socialistas.
“Estamos ás portas dun mes de marzo no que se impulsarán actividades para a promoción de igualdade, e a mellor maneira é facelo desde a exemplaridade dun Concello que, tamén a nivel interno, se compromete coa igualdade” afirma.
Ás portas “dun mes de marzo no que que desde as administracións impulsarase a nivel institucional un importante e necesario abano de actividades para a promoción da igualdade” o Grupo Socialista pregunta polo estado de elaboración do Plan de Igualdade da Administración Local do Concello. A concelleira Marta Abal insiste en que a mellor maneira de “impulsar ese discurso é a través da exemplaridade dun Concello que tamén a nivel de funcionamento interno evidencia o seu compromiso coa igualdade de xénero”.
O plan de igualdade, a súa elaboración, foi aprobada en pleno da Corporación por unanimidade no mes de outubro, tamén a proposta dos socialistas. Abal preguntará agora, catro meses despois de instar a facelo, o estado no que se atopa unha cuestión “fundamental” asegura “para definir estratexias e medidas para a promoción da igualdade de trato e oportunidades no emprego público”.
Son só 5 os concellos que contan con plans de igualdade dos 313 de Galicia, un motivo máis que a edil socialista emprega para motivar a súa elaboración, co obxectivo de colocar Santiago “entre as primeiras administracións locais en impulsar esta medida”. Será no pleno do próximo 29 de febreiro cando Abal pregunte por esta cuestión ao goberno local.
Xa a Lei Orgánica 3/2007 de igualdade efectiva entre mulleres e homes, así como o Estatuto Básico do Empregado Público establecen que as administracións públicas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral.