O Partido Popular de Sada, acordou co PsdeG PSOE e Unidos por Sada deixar encima da mesa os orzamentos presentados polo equipo de goberno para este 2024.
No seu programa electoral, o goberno actual anunciaba uns orzamentos participativos, abertos á opinión da cidadanía, pero a realidade é que a finais de decembro preguntaron á oposición, que propostas tiñamos para telas en conta á hora de elaborar o documento, cuxo borrador se pediu entón e dixeron aínda non ter…documentación que chegou ás nosas mans hai apenas unhas semanas e que tras a Comisión informativa deste luns pasado, non recollía ningunha das propostas da oposición, salvo as do BNG, como foi dotar ao concello dun técnico de Normalización lingüística.
“Desde o Partido Popular de Sada propuxemos varias cousas , entre outras ,un convenio co propietarios da Terraza de Sada onde a cambio utilizar as súas instalacións para eventos municipais puntuais, colaborásese no mantemento, polo menos do aspecto exterior do edificio emblemático.”
“Suxerimos proxectar cubrir parte da praza Suárez Picallo cunha estrutura cuberta, sostible, en madeira e en harmonía coa contorna, evitando así o elevado gasto en Carpas para festas, feiras e concertos, dotando a Sada dun espazo de lecer do que poder gozar todos os días do ano.”
“Pedimos ter en conta un novo emprazamento para o mercado municipal…en fin, nada se atendeu todas estas propostas foron rexeitadas.”
“Nomean o CIM como unha proposta que aceptan, cando o CIM ( centro de información da muller) é unha iniciativa do Partido Popular de Sada, que se presentou como moción nun pleno e que foi aprobada cos votos a favor do PsdeG PSOE e Unidos por Sada, coa abstención do BNG e de Sada Maioría, é dicir o goberno de Benito Portela nin sequera votou a favor do devandito servizo.”
“Estas e outras carencias e indefinicións obrígannos a pedir unha reflexión máis profunda sobre onde quérese dirixir ao concello.”
” Estamos dispostos a sentarnos e falar”