Thursday 28 de November de 2024

Cambre logra unha subvención de 54.000 euros para sufragar a implantación da administración electrónica


A axuda supón o 50% do custo da implantación do servizo que tivo lugar en 2014

O Concello de Cambre foi beneficiario dunha subvención concedida polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, dentro da convocatoria da Dirección Xeral de Coordinación de Competencias coas Comunidades Autónomas e das Entidades Locais, pola que se conceden axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para cofinanciar actuacións de administración electrónica e de cidadáns en rede, durante o período de intervención 2007-2013. O proxecto do Concello de Cambre, finalizado o 29 de setembro de 2015, consistiu na implantación da plataforma electrónica Ao SIGM na administración municipal. Alcanzou un montante total de 105.391,00 euros, dos que a axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento rexional da Unión Europea corresponde ao 50% do proxecto, é dicir, a un importe de 53.599,24 euros. A resolución de concesión foi publicada e o Boletín Oficial do Estado número 305 do 22 de decembro de 2015. A subvención solicitouse no mes de xullo no momento que foi convocada pola Dirección Xeral de Coordinación de Competencias coas Comunidades Autónomas e das Entidades Locais.