Un total de 448 palilleiras chegadas de practicamente toda Galicia e máis de provincia de Soria participan na “Xuntanza de Palilleiras de Neda. Presente, pasado e futuro do arte do encaixe”, organizada pola Asociación Filigrana, co apoio do Concello. O alcalde, Ángel Alvariño, foi encargado de inaugurar esta mañá o encontro no polideportivo municipal Ale de Paz, no que a veciñanza e os visitantes poden seguir en directo o traballo artesán que realizan estas auténticas mestras dos bolillos. De 16 a 18 horas, retómase a cita na que, como é habitual, non faltan os postos de venda de material e haberá o tradicional sorteo de regalos.