Thursday 21 de November de 2024

Samede afianza o único Entroido tradicional que se conserva no territorio da Reserva


• As celebracións comezaron pasadas as 12:30 horas coa saída da comitiva desde a capela, e finalizaron pasadas as 18:00 horas coa foliada.

Samede celebrou hoxe o único Entroido tradicional do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, en Paderne. Vixigueiros, farandulos, bonitos e carolos ataviáronse coas súas mellores indumentarias para percorrer este lugar de Paderne que lle dá nome ao único festexo tradicional que queda vivo en toda a comarca.

As celebracións comezaron pasadas as 12:30 horas coa saída da comitiva desde a capela, e finalizadon pasadas as 18:00 horas coa foliada. Houbo, como de costume, ‘Muñeiriña’ infantil, ‘muiñeira cruzada’ e o enterro do Policarpio. “Viva ou Entroido de Samede!”, “Vivan vos nenos de Samede!”, “Vivan vos músicos!” ou “Viva Samede!” foron algúns dos berros que se puideron escoitar durante a marcha.

Desde a Reserva de Biosfera congratulámonos “” de que esta celebración siga “máis viva que nunca”, e con orgullo compróbase que “ano tras ano, a substitución xeracional está asegurada, iso é o máis satisfactorio”.