Saturday 16 de November de 2024

Un ano máis, Oleiros celebrou o seu entroido central cheo de chispa e inxenio


A tradicional festa central do entroido de Oleiros presentou, coma sempre, unha entrada espectacular. Un pavillón Arsenio Iglesias cheo de xente e comparsas que participaron intensamente no evento amenizado pola orquestra Los Satélites.

O éxito da festa refléxase nos 21 grupos participantes no concurso e os 22 disfraces individuais-parellas que optaban oficialmente aos premios convocados, un dos estímulos do evento. O importe superaba os 5.000 euros para repartir nas distintas categorías.

Segundo a decisión do xurado, o primeiro premio individual (400 €) foi para Catrina da Terra; o segundo (300) para Viejo duende y armadillo; os dous terceiros (200 cada un) para Misterios de África e A Colleita de Peter Rabit e os accésits (100 cada un) para La tortuga Tusa e As cores da esperanza.

Na categoría de grupos, o primeiro premio (1.500 €) correspondeu a Los infieles la tribu; o segundo (1.000) foi para Rei Molón; os dous terceiros (500 euros cada grupo) foron para Flora do Bosque dos Veciños e Todo lo que puedas imaginar es real e por último, o accésit (400) mereceuno Unha de indios.

Celebrouse así o acto central carnavaleiro, pero as festas que tiveron lugar en múltiples lugares do Concello os últimos días, continúan mañá sábado en Mera (13 horas no Parque da Lagoa con música, callos, chololatada, festa infantil e queima do entroido) Santa Cruz (17 h no porto e Centro Cívico, con animación infantil e djs) e Dexo (19:30 h na Casa do Pobo, coa comparsa Os Parados e baile).