Friday 22 de November de 2024

A Real Federación Galega de Fútbol homologa ocampo de Eirís, que acollerá este sábado os seusprimeiros partidos


O Concello investiu 2 millóns de euros nestas instalacións que xa están ádisposición das entidades da cidade

O Concello da Coruña recibiu nos últimos días a persoaltécnico da Real Federación Galega de Fútbol, que supervisou o novo campo de fútbolmunicipal de Eirís, unha vez recepcionada a obra que supuxo un investimento municipal de2 millóns de euros. Tras a súa visita ás instalacións, acordouse a súa homologación para apráctica do fútbol federado, polo que este sábado terán lugar os primeiros partidos no campode Eirís.

Coa finalización desta obra, o Goberno de Inés Rey deu resposta a unha das demandasprincipais do tecido deportivo da cidade durante os últimos dez anos, apostando pola melloradunhas instalacións municipais que se sitúan á vangarda. Remodelouse a superficie campode fútbol, que pasou de ser de terra ao actual céspede artificial, adaptando nas súas medidasaos estándares da FIFA. Ademais, tamén se instalaron catro novas torres de iluminación,dous bancos para fútbol 11 e outros catro para fútbol 7. O campo queda completo cun novopeche perimetral.

Ademais da construción do novo campo, tamén se crearon uns novos vestiarios, totalmenteequipados. Concretamente, o recinto conta agora con catro vestiarios para equipos de fútbol,dous para colectivos arbitrais, unha oficina e un almacén. Tamén hai tres aseos e un localpara gardar o material deportivo.