Friday 22 de November de 2024

As Somozas comeza a construción da senda peonil en Abeledo


• A execución desta senda conta cun orzamento de 80.563 euros

• Conta cunha lonxitude de 430 metros e mellorará a seguridade vial e peonil no lugar

O Concello das Somozas vén de comezar as obras da senda peonil no lugar de Abeledo, ao seu paso pola estrada AC-110.

A execución deste proxecto conta cun orzamento de 80.563 euros.

A construción desta senda realízase para mellorar a seguridade vial e conta cunha lonxitude de 430 metros e 1,80 metros de ancho.

Ademais, contémplase a canalización de 80 metros de tubería depolipropileno corrugado de 400 mm de diámetro, 3 pozos de rexistro con sumidoiro e 17 arquetas con sumidoiro, para a recollida de augas pluviais; e canalización de 437 metros de tubo de polipropileno verde coas correspondentes arquetas, para iluminación pública, previa escavación dunha buraco e posterior recheo compactado da mesma.

Completan a obra a colocación de 175 metros de varanda modular en aceiro inoxidable sobre o muro de bloques de granito.

Desde o Goberno local aseguran que a creación desta senda mellorará a seguridade vial no lugar, facilitando o tránsito de tráfico rodado e peonil.