· levará a cabo a XXVII Festa dá Orella, que se celebrará nas instalacións do centro e que volve incluír un donativo para o alumnado de 4ºESO do centro.
· Este ano o Entroido cambia de localización ao CPI Cruz do Sar polas obras das instalacións deportivas que o Concello está a executar nos exteriores da Senra.
O Concello de Bergondo celebra este sábado, 17 de febreiro, o seu XXXII Festa do Entroido e a XXVII Festa dá Orella nunha programación entroideira que ten como gran novidade a actuación dos mellores grupos do “BergondoRisión”, todo un clásico destas datas no CPI Cruz do Sar. Ademais, non faltarán disfraces, música e animación para toda a familia.
O Entroido cambia este ano de localización, pasando a celebrarse no recinto do centro educativo debido ás obras das instalacións deportivas que o Concello está a executar nos exteriores da Senra, localización clásica destas festas.
As actividades comezarán ás 16:30 horas no pavillón, onde se organizou unha gran festa infantil na que os/as máis pequenos/as da casa pasaranllo en grande cos inchables, o desfile de disfraces e a espectacular actuación circense de Kote Malabar.
Unha vez terminada a festa infantil, o protagonismo será para a música e as clásicas orellas de Entroido. Ás 19:30 horas dará comezo a actuación da Orquestra #Finisterre, ao mesmo tempo que a XXVII Festa dá Orella, na que se inclúe un donativo para o alumnado de 4ºESO do colexio. No descanso da orquestra chegará a gran novidade: os mellores grupos do festival “BergondoRisión” subiranse ao escenario para mostrar as súas obras. Este festival, todo un clásico entre o alumnado de secundaria do CPI Cruz do Sar, garante as risas de mozas e maiores.