Volve a programación de Apego cargada de actividades en familia: obradoiros, concertos, teatro e moito máis.
O sábado 17 de febreiro ás 18:00 horas no auditorio da Fábrica terá lugar o primeiro espectáculo da programación do Apego en Oleiros: Cantaxoga de Migallas Teatro. Un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos Canta connosco! e Pan de millo acompañados por unha banda de pulgas (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sketches cómicos relacionados cos contidos das cancións.
As familias interesadas en asistir poden inscribirse a través do formulario de inscrición habilitado a partir do luns 12 de febreiro ás 10:00 horas.
Máis información no Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.