A Asociación Maisdetres organiza este sábado 16 de xaneiro, en colaboración co Concello de Lousame, unha xornada formativa denominada “Baroña: futuro despois dun castro” na que os asistentes poderán coñecer en primeira persoa o traballo que desenvolven a Comunidade de Montes de Baroña e a iniciativa Terra Celta. Esta actividade está incluída dentro do curso da UNED Senior sobre o aproveitamento do monte, “Cultivando futuro, compartindo saberes”, pero está aberta a todos os que desexen participar. A cota de inscrición é de 10 euros e as anotacións deberán realizarse a través do teléfono 686 783 800 ou do mail arrexo4@gmail.com.
O aparcamento do Castro de Baroña será o punto de encontro da expedición, ás 10:30 horas deste sábado 16 de xaneiro. Para aforrar, o desprazamento farase en vehículos compartidos entre os participantes, aos que porá en contacto entre si a Asociación Maisdetres. Unha vez aló, a expedición visitará a Comunidade de Montes de Baroña, unha experiencia de xestión comunal do monte no que fan múltiples aproveitamentos dos seus recursos (madeira, gando…) e no que xestionan maquinaria en comúin para a veciñanza. Durante a visita guiada, os participantes coñecerán as labores educativas, culturais, recreativas e medioambientais que realizan os veciños desta comunidade.
Acto seguido, dentro do mesmo monte, coñecerán a iniciativa Terra Celta, posta en funcionamento por unha familia austro-colombiana que alugou 200 hectáreas deste monte veciñal no que producen en ecolóxico carne de polo, porco, vacún e ovino. De feito, transforman parte desa carne en salchichas, chourizos, afumados… e outra parte a venden en fresco ou a través do seu restaurante de fin de semana. Xa pola tarde, a expedición fará unha visita ao castro de Baroña.
Inscricións
As anotacións deberán realizarse a través do teléfono 686 783 800 ou do mail arrexo4@gmail.com. A folla de inscrición pode descargarse da web do Concello de Lousame (www.concellodelousame.com). O prezo de anotación é de 10 euros e non inclúe o transporte, xa que este se fará en vehículos particulares, aínda que a Asociación Maisdetres porá en contacto aos participantes para que compartan vehículo e así aforren gastos.
Para xantar, cada participar levará unha achega, que será compartida nunha mesma mesa co resto de asistentes nun local da Comunidade de Montes de Baroña, a cuberto se chove, fóra se fai bo tempo. Maisdetres achegará as salchichas que se asarán na parrilla do local e que se comprarán a Terra Celta.