Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) trasladarase este xoves, 15 de febreiro, ao Concello de Neda, para facilitar que a veciñanza poida doar sangue ao longo de toda a xornada. Así, está previsto que permaneza diante da Casa da Cultura de 9.30 a 14.30 horas, e mais de 15.30 a 21 horas.
Poden ser doantes as persoas maiores de 18 anos que pesen máis de 50 kg, e teñan boa saúde. Para doar cómpre acudir ben con tarxeta de doazón, DNI ou documento similar de identificación. Ante calquera dúbida, ADOS pon a disposición da cidadanía o número gratuíto 900 100 828.