Saturday 16 de November de 2024

Centos de persoas celebran no Telleiro o Entroido de Paderne nunha gran festa para todas as idades


 A festividade infantil, que comezou sobre as 17:30 horas, contou con obradoiros, inchables e concurso de disfraces

 O Entroido de Samede, que se celebrará o vindeiro sábado, tivo un protagonismo especial cunha exhibición

 Os premios para maiores de 16 anos aos mellores disfraces e a degustación pecharon un evento que foi un éxito co cambio de día

Primeiro foi a Romaría da Familia. Logo, a Cabalgata de Reis. E agora, o Entroido. Paderne é moito máis ca festas, pero a veciñanza responde cando se trata de celebrar. Así o demostrou un día máis, na renovada festa de Entroido que hoxe, luns 12 de febreiro, está a acoller a Praza do Telleiro dese primeira hora da tarde e ata a madrugada.
Con este cambio de día ao luns, centos de veciños, veciñas e residentes da contorna responderon e achegáronse á carpa para desfrutar en sociedade dun evento que arrincou coa festa infantil a partires das 17:30 horas. Obradoiros, obradoiros, inchables, concurso con diferentes premios aos mellores disfraces e merenda foron os atractivos para que a rapazada gozase ao máximo nestas vacacións de Entroido.
A partir das 20:30 horas, a festa continuou adaptada tamén para maiores. Foi ese o momento do comezo da actuación musical de Aixa Romay, ao que continuou a presentación e exhibición dun dos eventos máis importantes do ano: o Entroido de Samede. Trátase dunha celebración que está en trámite para ser recoñecida como de Interese Turístico e que terá lugar na parroquia de San Xulián de Vigo.
Tras estas actuacións, tivo lugar o Concurso de Disfraces para maiores de 16 anos con premios en metálico. As vestimentas máis traballadas e orixinais levaron galardón. Pero o que non acadou premio, puido desfrutar tamén de xeito posterior da degustación de pinchos para rematar a noite por todo o alto.
“Agradecemos á veciñanza e aos visitantes da contorna a resposta a este evento. Apostamos por modificar o día tradicional para captar máis xente e funcionou, ao igual ca Cabalgata de Reis. É marabilloso ver como tanta xente se dá cita no Telleiro para desfrutar en harmonía dun bo rato. Seguiremos traballando en todos os eidos porque entendemos que un dos piares do noso goberno debe ser, tamén, xerar ese sentimento de comunidade ao redor do noso municipio”, apuntou o alcalde, Sergio Platas, presente xunto ao resto do executivo municipal na gran festa.