A concelleira de Cultura e Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo visitou esta mañá á rapazada que participa no “Lousame Concilia”, un programa de conciliación familiar que o Concello de Lousame convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do ano: Nadal, Entroido e Semana Santa. Nesta ocasión, son unha ducia os nenos e nenas participantes.
O “Lousame Concilia” é un servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 16 anos que terá lugar durante ata o 14 de febreiro nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9:30 a 14:30 horas. Tres días nos que a rapazada desfrutará dunha programación lúdica, con obradoiros e xogos relacionados con esta época de Entroido.