Un total de 25 nenos e nenas de entre 3 e 16 anos de Boqueixón, ou matriculados nun centro educativo do municipio, participan dende hoxe nunha nova edición do “Entroido Activo”, un programa lúdico-educativo organizado polo Concello de Boqueixón para facilitar a conciliación nos días non lectivos, é dicir, 12, 13 e 14 de febreiro.
Unha programación que este ano é totalmente de balde e que cubriu todas as prazas dispoñibles.“Entroido Activo” desenvolverase ata o mércores nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto, en horario de mañá (de 09.00/10.00 horas a 13.30 /14.00 horas). A participación desta edición practicamente duplicou á rexistrada en anos anteriores.