Friday 22 de November de 2024

Minuto de silencio no Concello de Oleiros en lembranza dos gardas civís asasinados en Barbate


O asasinato de dous gardas civís a mans de delincuentes relacionados co narcotráfico na Baía de Cádiz foi obxecto dun acto de solidariedade coas familias e amizades destes funcionarios públicos diante do Concello de Oleiros, a través dun minuto de silencio que se gardou na súa honra.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Figueroa, transmitiu este sentimento de homenaxe ás e os gardas civís do Posto de Oleiros, en nome do alcalde, da Corporación Municipal e do funcionariado municipal, en representación de toda a cidadanía oleirense.