Saturday 16 de November de 2024

A Pobra secunda o minuto de silencio en apoio ás familias dos gardas civís falecidos en Barbate


Membros da corporación municipal da Pobra do Caramiñal, baixo a presidencia do alcalde, José Carlos Vidal; membros da Garda Civil e veciñanza participaron na concentración silenciosa convocada para o mediodía deste 12 de febreiro fronte á casa consistorial.
O Concello da Pobra do Caramiñal sumouse así á iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) de gardar un minuto de silencio como mostra de apoio e solidariedade coas familias dos gardas civís falecidos nun acto de servizo en Barbate, durante as tarefas de loita contra o narcotráfico.