Usuarios/as desta entidade que traballa con persoas con discapacidade da zona do Ortegal, son os
encargados de amañar os colectores avariados ou con desperfectos, por fendas, golpes ou
queimaduras. En Aspromor amañan colectores, bandexas, caixas de envases de plástico, polietileno
ou polipropileno, dándolles unha segunda vida. Empregando máquinas estrusoras de soldadura de
plástico, o proceso comeza co fundido do material na zona do desperfecto e, á vez que vai fundindo,
apórtase novo material por termosoldadura.
Entre os beneficios que supón o emprego desta tecnoloxía (da que contan coa patente no centro de
Ortegal) salientan: o aforro de custos co produto reparado con respecto ao produto novo, a
colaboración coa protección do medio ambiente e o apoio á inclusión social, tendo en conta que son
persoas con discapacidade en proceso de inserción laboral as que desenvolven as tarefas de
reparación dos distintos produtos.
Amais do taller de reparación de envases de plástico, outro de fabricación de fregonas e un
invernadoiro, Aspromor tamén conta con centro de día, servizo residencial e servizos de atención
terapéutica en Ortigueira.