O parque móbil da Policía Local de Riveira viuse incrementado hoxe coa recepción dunha nova motocicleta.
Trátase dunha motocicleta modelo Yamaha XT que foi entregada na Coruña nun acto que contou coa participación do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do delegado territorial, Diego Calvo.
Ata alí se desprazou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Víctor Reiriz.