CONCURSANTES PREVISTOS 350 (xa inscritos 300)
Comparsas infantís (ata 14 anos): 3
Comparsas adultos: 8
Carrozas: 5
Outras categorías: Aínda se poderán realizar inscricións diante da Casa do Concello o día do desfile, para as categorías de individual e grupos tanto de infantil como adulto e de Choqueiro de Bergantiños, en horario de 16.00 a 17.00h da tarde.
Nesta edición a contía dos premios do concurso é de dos 9.215 € dos cales, case 4.000 € están destinados a gratificacións por participar de 125 €, 200 € e 250 € (aos 20 primeiros inscritos nas modalidades de carrozas ou comparsas nas categorías de infantil ou adulto, dependendo do número de membros), xa que un dos obxectivos principais do concurso é incentivar a participación; e o restante aos 14 premios previstos no concurso.
Este ano a presentación do Concurso correrá da man narradora e actriz Bea Campos, que conta cunha longa traxectoria profesional como monologuista e que ten participado na Rúa dos Contos e en eventos de narración oral.
A Charanga Santa Compaña acompañaranos desde primeira hora da tarde, 17.00h, e amenizará todo o desfile e concurso.
A continuación do desfile, celebrarase o xa tradicional BAILE DE DISFRACES na Praza do Concello e no transcurso do mesmo, farase entrega dos premios do concurso. O baile será a cargo do Grupo Eureka e está patrocinado pola Concellaría de Terceira Idade.
Tamén o domingo pola mañá, a Escola do Alprende realizará polas rúas de Caballo una CORRIDA DE ANTROIDO a partir das 12.00h e a Charanga Santa Compaña realizará un pasarrúas a partir das 12.30h.
Organiza: Concellaría de Cultura
Colaboran: Concellaría de Seguridade, Servizo Municipal de Protección Civil e Voluntarios PC, Policía Local, Brigada de Obras, Aspaber-UTE e Urbaser