A Xunta iniciou a redacción do proxecto, que se suma ao previsto para este ano na estrada AC-424
“Con estas novas actuacións, damos un importante paso cara adiante en conexións entre núcleos poboacionais de xeito seguro para os peóns”, apunta o alcalde, José Manuel Mato
Dúas novas sendas peonís conectarán Corme con Corme-Aldea e a futura senda no Couto co final do paseo de Ponteceso. Son as novas actuacións concretadas pola Xunta de Galicia para o Concello de Ponteceso. O organismo autonómico, que vén de pechar o prazo de recepción de ofertas para a construción dun itinerario entre Ponteceso a Corme ata a zona do Couto, anunciou que xa prepara a redacción destes novos proxectos complementarios.
O primeiro tramo desta nova senda anexa unirá a capitalidade do concello de Ponteceso coa senda do Couto, formando un itinerario continuo e seguro para peóns. O traxecto conectará comezará a futura senda do Couto co no final do paseo de Ponteceso.
O segundo treito de senda conectará Corme Aldea con Corme, discorrendo entre os puntos 6+630 e 7+530 da estrada autonómica AC-424.
O proxecto tamén determinará se é necesario habilitar cruces para as persoas, para acadar unha maior permeabilidade transversal da estrada.
“Agradecemos á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a súa ambiciosa aposta por investir en desenvolvemento no Concello de Ponteceso. Con estas novas actuacións, damos un importante paso cara adiante en conexións entre núcleos de poboación. Conexións que, ademais, dotarán de seguridade para transitar aos peóns”, apunta o alcalde, José Manuel Mato.