Sunday 06 de October de 2024

Máis Entroido en Carballo (luns e martes)


O programa de Entroido 2024 de Carballo continúa con diversas actividades:
-ANIMACIÓN DE RÚA
Este Entroido os encargados de levar a música e a festa polas rúas de Carballo serán:
– Venres 9 dende as 20.00 h Batukada Bloquiño de Xermolos
– Domingo 11 ás 12.00 h AC o Alpendre realizará a Corrida do Antroido pola feira e rúas de Carballo.
– Domingo 11 ás 12.30 e 17.00 h Pasarrúas coa Charanga Santa Compaña
– Luns 12 ás 19.00 h Charanga Atlantic Club Domestic Charanga (ACDC) –
-Martes 13 ás 17.00 h Charanga Santa Compaña que amenizará a tarde-noite do martes xunto ao Enterro da Sardiña.

O luns 12 e o martes 13 de febreiro
OBRADOIROS de 11.00 a 13.00 h na Biblioteca Rego da Balsa, os máis pequenos poderán realizar divertidos obradoiros que encherán de fantasía e cores o Entroido:
-Luns: OBRADOIRO DE MAQUILLAXE DE ENTROIDO
-Martes: OBRADOIRO DE GRAVATAS DE ENTROIDO
Os obradoiros están dirixidos a nenos/as de 3 a 12 anos. É necesaria inscrición previa no 981 758 580.

O LUNS 12 ás 17.30 h na Praza do Concello terá lugar unha FESTA INFANTIL de Entroido. Contaremos con música de picadiscos, bailes, coreografías, xogos e moita animación. No caso de choiva comunicarase o seu traslado

MARTES 13
Dende as 17.00 h Pasarrúas coa charanga Santa Compaña
Ás 19.00 h ENTERRO DA SARDIÑA unha actividade que sen dúbida, se vai consolidando cada ano que pasa e vai gañando seguidores. O ano pasado foi un dos máis exitosos cunha participación moi elevada (+- de 500 asistentes). Desde aquí, animamos e convidamos a sumarse a todos os cidadáns da vila e veciños do Concello a este acto. Como vén sendo habitual a Aula de Teatro Municipal será a encargada da coordinación desta actividade coa colaboración da AC Vagalume, dirixidos por Galeatro. Ademais dende as 17.00 h pasarrúas coa charanga Santa Compaña que animará á comitiva fúnebre que despedirá o entroido no Parque do Anllóns cuns doces realizados polo plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia que se executa no taller de Cociña do Edificio Fórum do Concello de Carballo baixo a dirección de cociña de Francisco Ramos Gallego.
No caso de que a previsión o requira trasladarase para o Pazo da Cultura.