Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Neda abre prazo para anotarse na Merenda-Baile de Entroido para a Terceira Idade


Celebrarase o venres 1 de marzo, con participación gratuíta para a veciñanza e cun custe de 5 euros para residentes noutros municipios

O Concello de Neda pechará a programación do Entroido 2024 coa Merenda-Baile para a Terceira Idade. Será o venres 1 de marzo no Centro Cívico Ramón Millarengo, a partir das 18:00 horas. Ao contar con aforo limitado, a Administración local abría a inscrición para reservar praza a través do departamento municipal de Servizos Sociais -na casa consistorial-. Alí, de luns a venres e ata o 27 de febreiro ou completar aforo, poderán retirarse os tickets. Gratis para os veciños e veciñas de Neda, e cun custe de 5 euros para aqueles que non residan no municipio.
Haberá merenda a base de lacón asado, empanada, pan, orellas, torradas, doces e bebidas, e baile con música en vivo. Ademais, e como é habitual neste tipo de celebracións, procederase ao sorteo de cestas con produtos típicos destas datas entre o público asistente.