O mal tempo do 9 e 10 de febreiro obriga a suspende-la animación de rúa ao abeiro da axenda do Entroido da Pobra do Caramiñal.
A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explica que se manteñen as festas de disfraces previstas para esas xornadas, ao igual que a festa infantil do domingo 11, pois na praza Alcalde Segundo Durán habilitarase un toldo, se ben os espectáculos de rúa non se poden desenvolver alí debido ao seu carácter itinerante.
Inicialmente e á espera da evolución meteorolóxica dos vindeiros días, o desfile do Entroido no martes 13, o enterro do Felipiño do Maño no sábado 17 e o domingo de Piñata do día 18 continúan segundo a programación.