O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 8 de febreiro, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia do concelleiro Manuel María Durán Guillán (PP). A orde do día foi a que figura a seguir:
1. Proposta de Alcaldía para participar no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) “POS+2024” da Deputación Provincial da Coruña. Aprobada por unanimidade.
2. Proposta de Alcaldía para participar no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) “POS+ADICIONAL 1/2024” da Deputación Provincial da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. Aprobada por unanimidade.
3. Aprobación da modificación da base n°39 de execución do orzamento para a aprobación dunha subvención nominativa (Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal). Aprobada por unanimidade.
4. Proposta de Alcaldía sobre ofrecemento de fondo de Ramón del Valle-Inclán e compromisos para a súa cesión ao Museo. Aprobada por unanimidade.
5. Moción do grupo mixto (PSOE) sobre a xestión da marea de “Pellets” plásticos. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP).
6. Moción do grupo municipal do BNG para demandar á Xunta de Galiza accións para paliar as consecuencias da “marea Plástica” nas costas galegas. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP).
7. Moción do grupo municipal do BNG en apoio ao pobo Palestino e de esixencia do fin do goberno israelí. Aprobada co voto en calidade do alcalde ao contar con 5 votos a favor (Nós Pobra e BNG), 5 en contra (PP) e 2 abstencións (PSdeG-PSOE e VIxP).
8. Moción do grupo mixto (VIxP) relativa ó rexeitamento por parte da Corporación do canon de depuradoras creado pola Lei do ciclo integral da auga. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP).
9. Moción do grupo municipal do PP relativa á revisión, conservación e mantemento do patrimonio municipal. Denegada ao contar con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
10. Moción do grupo municipal do PP relativa á inseguridade cidadá. Denegada ao contar con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
11. Moción do grupo municipal do PP relativa ó horario da Oficina de Turismo. Denegada ao contar con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
Debido á finalización da xornada, non se puido aborda-la segunda parte do Pleno relativa ao control de órganos do goberno (decretos da alcaldía, informes da alcaldía, mocións de urxencia e rogos e preguntas).
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.