Friday 22 de November de 2024

O alumnado da acción formativa para desempregados realizou talleres de estimulación cognitiva relacionados co Entroido


A iniciativa é organizada polo Concello co financiamento da Xunta de Galicia.

A acción formativa dirixida a persoas desempregadas (AFD) centrada na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais que se está a impartir na Laracha desde o pasado mes de outubro chegou ao seu ecuador.

Ao longo deste tempo as alumnas e o alumno están a aprender a materia que poderán poñer en práctica a partir do 4 de marzo, data na que comezan as prácticas profesionais non laborais nos Centros de Día e Residenciais da Laracha, Arteixo, Cerceda e Carballo, todos eles pertencentes ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e nos que fixeron visitas didácticas como parte do proceso formativo do curso.

Nesta semana o alumnado realizou talleres de estimulación cognitiva relacionados co Entroido e enfocados a usuarios das institucións onde van desenvolver a súa actividade profesional, xa que poden ter un deterioro cognitivo leve ou moderado. Fixeron unha simulación de distintas actividades na aula centradas na estimulación sensorial olfactiva ou táctil e a reminiscencia para traballar a memoria a longo prazo a través do uso de imaxes vinculadas á vida dos posibles usuarios das institucións.

Esta AFD é organiza polo Concello da Laracha co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Os propósitos son impulsar o emprego estable e de calidade por medio do reforzamento da formación e da especialización das persoas participantes para aumentar as súas competencias profesionais e mellorar os servizos de atención a dependentes.