Friday 22 de November de 2024

O Concello colabora coas entidades veciñais de Oleiros que celebran as súas respectivas festas de entroido


Desde o sábado 10 ata o sábado 17 de febreiro celebraranse festas infantís de entroido organizadas polas entidades veciñais, socias e culturais en todas as parroquias.

Ademais da festa de Entroido que organiza o Concello, as diferentes entidades sociais celebrarán festas de Entroido en espazos públicos das súas respectivas localidades. Para colaborar, o Concello contratará un grupo de animación infantil para cada un destes eventos:

– Lorbé: sábado 10 de febreiro, Casa do pobo, 17:30h.
– Oleiros: luns 12 de febreiro, Casa da República, 18:00h.
– Iñás: luns 12 de febreiro, Casa do pobo, 18:00h.
– Dexo: martes 13 de febreiro, Local social de Dexo, 17:30h.
– Nós: martes 13 de febreiro, Praza da Liberdade, 17:00h.
– Perillo: martes 13 de febreiro, Pista polideportiva II República, 17:30h.
– Mera: sábado 17 de febreiro, Lagoa de Mera, 16:30h.
– Santa Cruz: sábado 17 de febreiro, Centro Cívico de Santa Cruz, 18:00h.

Máis información en www.oleiros.org