O sábado 24 de febreiro, Día de Rosalía, o Concello organiza unha ruta de sendeirismo de dificultade media desde Santa María de Teba ao Xirimbao (Pontevea-Teo).
O vindeiro sábado 24 de febreiro, con motivo da conmemoración do Día de Rosalía, o Concello de Oleiros ten prevista unha ruta de sendeirismo de Santa María de Teo ao Xirimbao, de 9’5 kilómetros e dificultade media. A actividade require boa forma física, roupa axeitada e cómoda e calzado específico, por tratarse dunha ruta ao carón do río.
Pola tarde realizarase un roteiro rosaliano guiado e visita á casa Museo de Rosalía de Castro.
A actividade contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 22,00 euros.
As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica a partir do luns 12 de febreiro ás 10.00 horas.
No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org