Saturday 16 de November de 2024

Bryan Adams actuará o 16 de novembro no Coliseum


O artista canadense súmase á lista de concertos que o Goberno de Inés Rey leva programados para este 2024 no recinto municipal

Bryan Adams actuará o 16 de novembro na Coruña dentro da súa xira mundial ‘So happy it hurts’, que conta con cinco datas no país. O seu concerto, único en Galicia, será no Coliseum. O Goberno de Inés Rey segue, deste xeito, promovendo grandes eventos musicais na cidade, que é o gran referente cultural de Galicia e un dos principais do norte de España.

Tras a súa exitosa xira de 2022, Bryan Adams regresa cunha xira chea de éxitos. Os seus directos están avaliados pola crítica musical e enchen estadios e recintos de todo o mundo. Bryan Adams é considerado unha das grandes iconas do rock, cunha carreira musical que abarca catro décadas.

Na súa traxectoria, Adams ten publicados 17 álbums de estudio, contando o máis recente, que da nome á xira e estivo nomeado aos Grammy. Na súa dilatada carreira obtivo numerosos premios e recoñecementos, incluídas tres candidaturas ao Oscar a Mellor Canción, cinco candidaturas ao Globo de Ouro ou un Grammy.