Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Boqueixón abre inscricións nun curso gratuíto de Autodefensa para mulleres en situacións violentas


Terán lugar no local social de Sergude os días 6 e 8 de marzo, en horario de 16:30 a 20:30 horas

O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición nun curso gratuíto de Autodefensa para mulleres en situacións violentas, que terá lugar no local social de Sergude o mércores 6 e o venres 8 de marzo, en horario de 16:30 a 20:30 horas. Un curso organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e dirixido a mulleres a partir dos 16 anos.

O curso de adestramento físico e psíquico ante situacións violentas será impartido por monitores/as especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita. Durante esas dúas xornadas, as alumnas aprenderán e ensaiarán técnicas de autodefensa e protocolos de actuación diante dunha posible situación de perigo.

Para anotarse basta con enviar a ficha de inscrición dispoñible na web municipal (www.boqueixon.gal) a través da sede electrónica municipal ou presencialmente no Rexistro do Concello. Para calquera dúbida, contactar co CIM do Concello de Boqueixón: cim@boqueixon.com ou 981 513 061.