Saturday 16 de November de 2024

O BNG de Ponteceso lamenta que o goberno muncipal non consensuara o POS+ coa oposición e siga actuando sen diálogo.


Fátima Rodríguez Gonzálvez, voceira municipal do BNG, “ é certo que estabamos sen intervención, pero non é compronsíbel que non se convocara, como mínimo, unha comisión de transparencia para, cando pouco, informar das aplicacións que se pensaba dar ás achegas da Deputación”.

Mañá mércores 07 ás 20:30h, en Ponteceso, está convocado un pleno extraordinario e con carácter urxente, para aprobar o uso das achegas da Deputación para este 2024.

O pasado 11 de xaneiro tiveron lugar unha comisión de urbanismo (bimensuais) e máis unha comisión de transparencia (mensuais) e desde o BNG xa manifestaron que se botou en falta que naquelas sesións non se presentara nin se informara de ningunha das actuacións ás que estaba previsto adicar o POS+, posto que antes da seguinte celebración destas comisión xa vencía o prazo de presentación dos expedientes ante a Deputación.

Por outra banda, a oposición tivo que reclamar esta mesma mañá que se lles dea traslado dos expedientes compretos (informes e proxectos) e non só a enumeración dos acordos de aplicación os fondos.

A data límite para a tramitación do POS+ ante a Deputación é o venres 09 de febreiro ás 15:00h. Desde o Concello de Ponteceso non se poido axilizar máis a tramitación porque durante o mes de xaneiro non estivo cuberta a función da Intervención Pública no Concello. Por este motivo foi preciso recurrir á figura de urxencia e non se poido celebrar unha comisión informativa compreta. Mais desde o BNG non entendemos que non se realizara ningún tipo de comunicación nin diálogo, aínda que fose informal, para informar e escoitar á oposión antes da convocatoria do pleno.