Monday 25 de November de 2024

O temporal derrubou parte de dúas pontes en Frades, obrigando a cortar a circulación de vehículos en ambas pistas


O temporal de chuvia e vento levou por diante parte de dúas pontes no municipio de Frades, obrigando ao Concello de Frades a cortar a circulación de vehículos por ambas pistas. O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que “as brigadas municipais levan toda a xornada traballando na normalización da circulación nas distintas pistas de Frades e tratermos de buscar unha pronta solución á situación de ambas pontes”.

Neste sentido, o alcalde de Frades xa ten presentado na Xunta un proxecto para a reparación da Ponte Raselo, que o propio Roberto Rey lle entregou á conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, durante a reunión que mantiveron a principios de decembro. Ponte Raselo está emprazada na pista que une a localidade de Raselo (parroquia de Gafoi) coa parroquia de Vitre; mentres que a Ponte de Xeza comunica as localidades de Reboredo (Galegos) con A Gándara (Abellá).