Saturday 16 de November de 2024

O Concello adxudica a posta en marcha dos puntos violeta para os grandes acontecementos da cidade


O Goberno de Inés Rey reforza así o seu compromiso contra o machismo e pola seguridade das mulleres ao longo do ano

O Concello adxudicou a la empresa Desenvolvemento Local Galego SL (DELOGA) o servizo de xestión integral dos Puntos Violeta que se instalarán nos próximo dous anos durante as festas máis significativos da cidade como o Entroido, San Xoán ou as Festas de María Pita, así como para eventos de carácter puntual.

“Os puntos violetas son unha ferramenta moi axeitada para implicar á poboación coruñesa na erradicación das violencias machistas, informar sobre os recursos do Concello en materia de violencia de xénero, ofrecer atención e, no seu caso, acompañamento as adolescentes, mulleres novas e adultas que sufran algún tipo de violencia de xénero, e información sobre como poden actuar as persoas que presencien algunha manifestación relacionada coas violencias machistas”, sinalou a concelleira do Área de Benestar Social, Yoya Neira.

Deste xeito, o Goberno de Inés Rey mantén o seu compromiso na loita contra a violencia machista e a súa firme aposta pola seguridade durante o desenvolvemento de grandes acontecementos. Durante o 2023, foron 4.187 as persoas que acudiron aos puntos violeta promovidos polo concello.

O contrato iniciarase na primeira quincena do mes de febreiro do 2024 e finalizará o 31 de agosto de 2025. O servizo poderase prestar de tres formas: en puntos fixos da cidademediante carpas ao aire libre durante os eventos de gran afluencia de persoas ou de forma itinerante.

O equipo técnico de cada punto estará composto por tres persoas: un/a profesional de Psicoloxía que desempeñará as funcións de atención e acompañamento en caso de agresión machista e dúas persoas expertas en materia de igualdade e violencias machistas.