Trátase dun adestramento activo en marcha nórdica saudable
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou hoxe a calidade nos coidados que se prestan nas residencias de maiores da comunidade, coa posta en marcha de terapias innovadoras. Díxoo nunha visita ao centro residencial Torrente Ballester, pertencente á rede pública autonómica.
O director xeral tivo a ocasión de falar con usuarios e con persoal da residencia. Tamén asistiu a unha sesión dun novo programa que se está a desenvolver neste centro e que consiste nun adestramento activo en marcha nórdica saudable para a mellora da mobilidade e a diminución do risco de caídas.
Antón Acevedo puxo en valor os avances que acadou Galicia nos últimos anos no ámbito da atención ao maiores, que lles permiten decidir onde vivir esta etapa das súas vidas: atendidos nunha residencia ou coidados nos seus fogares e na súa contorna.