Friday 22 de November de 2024

O Concello de Miño repartirá máis de 1.200 euros en premios no seu concurso de disfraces de Entroido


● O Concello presentou hoxe a programación de actividades, nas que haberá circo, animación e moita música

O Concello de Miño presentou hoxe a programación de actividades para o Entroido, con opcións para todos os gustos e idades, e na que destaca o tradicional concurso de disfraces no que se repartirán un total de 1.200 euros en premios.

Os eventos empezarán o sábado 10 de febreiro coa “Gran festa de disfraces”, que culminará ás 22:30 horas coa verbena, amenizada polo Grupo Orixe. No descanso do grupo entregaranse os premios do concurso de disfraces, que repartirá máis de 1.200 euros en galardóns en dúas categorías: A, dunha a tres persoas; e B, de catro persoas en diante.

Os nenos serán os protagonistas da xornada do domingo. Ás 17,30 horas celebrarase a Feira Infantil, na que haberá xogos de circo, animación e moita música. Ademais, nas pistas de Rabazal de Miño haberá instalada unha carpa, así como baños públicos, bar e unha foodtruck.