Friday 22 de November de 2024

Moisés Jorge Naranjo deixa a xerencia do Consorcio de Turismo para iniciar unha nova andaina profesional


Moisés Jorge Naranjo anuncioulle hoxe á alcaldesa, Inés Rey, a súa vontade de deixar o cargo de xerente do Consorcio de Turismo, responsabilidade que ocupaba dende agosto de 2021, para iniciar unha nova etapa profesional.

Naranjo conclúe, con esta decisión, unha etapa á fronte do consorcio coruñés na que, entre outros logros, incrementáronse notablemente as cifras de visitantes na cidade, sendo a cifra total de viaxeiros de 2023 superior á de catro anos antes e aumentando nun 33% a presencia de turistas internacionais, ademais durante a súa xerencia, consolidouse A Coruña como destino MICE e conseguiuse superar a barreira do millón de pasaxeiros que chegaron a Alvedro.

A alcaldesa agradece “o compromiso, dedicación e profesionalidade de Naranjo ao longo desta frutífera etapa para o turismo da cidade” e lle desexa “a maior das sortes na nova etapa profesional que emprende”.

“O traballo de Moisés Naranjo permitiunos consolidar a nosa posición no mercado turístico nacional e internacional e seguiremos traballando nesa dirección baixo a coordinación do presidente do Consorcio, Gonzalo Castro”, indicou Rey.