O Concello de Oleiros celebrará o tradicional Entroido municipal cunha festa para todos os públicos no Pavillón Polideportivo Arsenio Iglesias de Santa Cruz o vindeiro venres 16 de febreiro.
O Concello de Oleiros organiza unha gran festa de disfraces o venres 16 de febreiro no Pavillón Polideportivo Arsenio Iglesias de Santa Cruz. Como cada ano, haberá concurso de disfraces no que se repartirán un total de 5.200 euros en premios.
O concurso de disfraces contará con dúas categorías ou modalidades. Na modalidade de “GRUPOS” haberá un primeiro premio de 1.500 euros, un segundo premio de 1.000 euros, dous terceiros premios de 500 euros e un accésit de 400 euros. Na categoría “INDIVIDUAL-PARELLAS” haberá un primeiro premio de 400 euros, un segundo premio de 300 euros, dous terceiros premios de 200 euros e dous accésit de 100 euros. Os accésit serán outorgados polo xurado se así o considera convinte atendendo á calidade global dos disfraces participantes.
As bases do concurso serán publicadas nos vindeiros días no BOP. O prazo para inscribirse comezará o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia e rematará o próximo día 15 de febreiro ás 14:00 horas.
As inscricións deben realizarse a través do formulario web na Sede Electrónica municipal ou ben de forma presencial no Rexistro do centro Cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, 13, Perillo). A recollida de dorsais para o concurso poderá efectuarse na Fábrica, o xoves 15 de febreiro (8:30-14:30h) e o venres 16 de febreiro (8:30-14:30h) e no propio Pavillón Arsenio Iglesias o día do concurso de 16:30 a 18:00 horas.
Máis información no Departamento de Cultura do Concello de Oleiros e na web www.oleiros.org