O Concello de Ribeira recibiu hoxe a Álvaro Otero, que forma parte do equipo ribeirense de El Barrio e destaca na disciplina de Kick Boxing.
Álvaro Otero é Campeón do Open Nacional de Ávila da organización OMKE, Campeón rexional de Asturias da Federación Española de Kick Boxing, e acadou o terceiro posto no Open Nacional de Talavera da organización OMKE.
Membros do equipo de goberno parabenizaron ao deportista polos éxitos acadados e animaron a que siga esforzándose para acadar novos títulos. O deportista foi agasallado cunha peza de cerámica galega e un bono para gastar no comercio local.