A brigada municipal de obras comeza os traballos de desmontaxe da pista multideporte situada na Praza do Concello, que, despois de oito anos de uso intensivo, está totalmente amortizada e xa non reúne as condicións axeitadas para a súa utilización.
O Concello de Carballo xa ten contratada a instalación dunha nova pista, por un importe de 31.568 euros, e as obras comezarán o antes posible. O obxectivo deste tipo de instalacións, que queremos seguir estendendo, é facilitar a práctica do deporte e do xogo entre a rapazada con comodidade e seguridade.