A Policía Local de Carballo amplía o seu equipo con tres novas incorporacións. Eduardo Castro Prado, Daniel Mariño Rodríguez e Marta Suárez Castiñeira asinaron os seus contratos como axentes en prácticas tras superar o proceso selectivo realizado a través da Academia Galega de Seguridade, á que deberán volver agora para continuar coa súa formación antes de realizar os tres meses de prácticas previos á toma de posesión como funcionarios.
O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, déronlles a benvida e desexáronlles unha longa e tranquila carreira profesional no noso concello.