As paredes da casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal vestiranse de escenas costumistas holandesas e galegas coas pinturas de Karin Kuijper. Nacida en Utrecht, nos Países Baixos, pero residente en Rianxo dende hai uns anos, a artista practica a arte naíf, con moita cor e fantasía.
A apertura da exposición terá lugar no 2 de febreiro, ás 20.00 horas, durante a cal intervirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a propia pintora. Barahúnda encargarase de lle pór un toque musical ao acto.
O acceso é libre ata completa-la cabida.