A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal convoca a representantes de comercios na localidade a unha xuntanza para valorar conxuntamente a campaña do Nadal e analizar propostas de dinamización a desenvolver no presente ano.
O encontro terá lugar no 31 de xaneiro, ás 21.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán e están convidadas tódalas persoas propietarias de negocios no municipio.
A edil Amparo Cerecedo explica que se pretende avaliar así o impacto económico e social que tivo a campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal, ademais de consensuar novas accións para incentiva-las compras nos establecementos de proximidade.