A alcaldesa mantivo un encontro coa súa maxestade o rei Felipe VI como parte da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias con motivo do seu 40 aniversario
A alcaldesa da Coruña e vicepresidenta primeira da FEMP, Inés Rey, foi recibida esta mañá pola súa maxestade o rei Felipe Vl como parte da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias.
A súa maxestade o rei Felipe VI mantivo unha audiencia no Palacio da Zarzuela coa nova directiva municipalista, coincidindo co 40 aniversario da institución. Na reunión oficial, a Xunta de Goberno da FEMP abordou co rei os principais retos dos municipios como institucións democráticas.
Rey foi elixida vicepresidenta no XIII pleno da institución, formado por unha representación de todos os alcaldes e alcaldesas de España. Deste xeito, A Coruña volve formar parte no máximo órgano municipalista tras 17 anos sen representación.