Monday 25 de November de 2024

Nebulossa, Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez, primeiras confirmacións do Atlantic Pride 2024


As estrelas eurovisivas encherán de cor e diversión o programa da quinta edición do festival, que se realizará do 7 ao 14 de xullo de 2024 na Coruña

O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo impulsado polo Concello da Coruña e Turismo Coruña da man da Asociación Orgullo

Nebulossa, Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez son as primeiras confirmacións do Atlantic Pride 2024, que encherán de cor e diversión o programa da súa quinta edición. As estrelas eurovisivas súmanse así á celebración do ‘Orgullo do Norte’, que se realizará na cidade da Coruña do 7 ao 14 de xullo.

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, destacou a celebración do Atlantic Pride como un grande incentivo para o posicionamento da Coruña como referente cultural do Noroeste de acordo coa liña marcada pola alcaldesa, Inés Rey.
“Cada vez son máis as persoas que sitúan o Atlantic Pride como unha celebración de cabeceira na semana do orgullo grazas á importante aposta musical nacional e internacional do seu cartel” sinalou.

O presidente de Orgullo Coruña, Luis Pazos, agradeceulle ao Concello da Coruña a colaboración, un ano máis, para a programación do evento e o seu compromiso coa realización dun festival diverso e inclusivo. Apunta que “unha vez máis, queremos diferenciarnos do resto de festivais, cun elenco de artistas que non estamos acostumados en ver noutros eventos”. O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, impulsado polo Concello da Coruña e Turismo Coruña da man da Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, e que conta co patrocinio de Estrella Galicia, Xunta e Global Grafic, referencia no noroeste peninsular Primeiras bandas e artistas confirmadas

Nebulossa

Nebulossa é un dúo de synthpop formado por María Bas (voz e produción) e Mark Dasousa (sintetizadores e produción). Na actualidade, é un dos participantes do Benidorm Fest 2024.

Desde a súa formación no ano 2018, a banda alicantina fusiona sons e melodías dos anos 80, colleitando éxitos como que o seu tema Glam fose seleccionada como a mellor canción do 2021 polo xurado de Indie Cool, ademais de ser nominado aos Premios Pop Eje como grupo revelación.

Rosa López

Rosa López, popularmente coñecida como “Rosa de España”, saltou á fama en 2001 coa súa participación na primeira edición do talent show musical Operación Triunfo -do que foi gañadora-. No ano 2002 representou a España no Festival de la Canción de Eurovisión, acadando a sétima posición e unhas cifras de audiencia récord. A súa interpretación foi a máis vista na historia de Eurovisión ata o de entón, congregando a 12,7 millóns de espectadores co tema Europe’s Living a Celebration. Ao longo da súa carreira como cantante e vocalista, Rosa López publicou un total de 8 álbums de estudio (Rosa, Ahora, Ojalá, Me siento viva, Promesas, Propiedad de nadie, Rosa López y Kariós). Ademais, a artista lanzou un EP, 22 sinxelos e un álbum recompilatorio.

Lucía Pérez

Lucía Pérez é unha recoñecida artista española que gañou popularidade a nivel nacional e internacional despois de representar a España no Festival de Eurovisión en 2011, interpretando a exitosa canción Que me quiten o bailao. A súa participación neste prestixioso evento permitiulle gañarse o agarimo do público e posicionarse como unha destacada figura na industria musical. Orixinaria de Galicia, Lucía Pérez logrou consolidarse como unha artista versátil e talentosa, levando a cabo numerosos concertos en diferentes escenarios e cativando á súa audiencia coa súa voz enérxica e a súa magnética presenza no escenario. A súa música destacouse por fusionar diversos xéneros, incluíndo pop, folk e ritmos latinos, creando un estilo propio que a distingue.

Las Ketchup

Las Ketchup é un grupo musical cordobés integrado polas catro irmás Muñoz (inicialmente, Lucía, Lola e Pilar; e, a partir de 2006, tamén Rocío). Fillas do guitarrista Juan Muñoz, coñecido polo seu alcume “El tomate”, a súa infancia desenvolveuse nun entorno musical.

Como título para o seu primeiro álbum, as irmás elixiron “Hijas del Tomate”, como un xogo de palabras en homenaxe ao seu pai.
‘Aserejé’ converteuse na canción do verán tras acadar o número un nas listas de numerosos países, tanto de Europa como de Latinoamérica e Asia. A canción estaba acompañada dunha singular coreografía e a súa letra recordaba en ao primeiros versos dotema Rapper’s Delight, de Sugarhill Gang. Tal foi o seu éxito mundial que La Ketchup chegaron a vender 7 millóns de sinxelos, posicionándose no posto 103 dos singles máis vendidos da historia da música nivel mundial, según Media Traffic. No ano 2019, Las Ketchup regresan aos escenarios, de xira por países como Dinamarca, Portugal, Suiza, Noruega, Rumanía, Francia e España, cun público entregado aos seus directos e ávido por revivir, de novo, o seu ritmo “ragatanga”.