Os socialistas critican que a “falta de peso político” de Rueda estalle “pasando factura” a Galicia e Santiago ante a posible perda dunha infraestrutura “estratéxica” e reclámanlle ao presidente da Xunta un pronunciamento expreso sobre estaa cuestión.
O Partido Socialista vén de reafirmarse no seu compromiso coa conexión Vigo-Porto-Lisboa como unha infraestrutura “clave” para o crecemento económico e como elemento vertebrador de todo o Eixo Atlántico. Aitor Bouza critica que Alfonso Rueda e o propio Feijóo permanezan nun “silencio absoluto” mentres a presidenta da Comunidade de Madrid negocia co PP Portugués a prioridade da conexión Lisboa-Madrid: “pareceu esquecer iso de Galicia, Galicia, Galicia”.
O secretario xeral dos socialistas composteláns e candidato número 4 pola provincia de A Coruña insistiu na necesidade dunha infraestrutura que beneficiaría tamén a Santiago de Compostela favorecendo á vertebración fronte o centralismo madrileño que, cuestiona, parece defender agora o expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Desde as filas socialistas reclaman ademais un pronunciamento expreso de Rueda e do PP para modificar os regulamentos europeos e incorporar a liña á Rede Transnacional Europea en abril permitindo introducir pasaxeiros e mercadorías. Lembrou Bouza cando o actual presidente do Partido Popular reclamaba ao goberno do Estado que priorizase unha infraestrutura estratéxica para ambos países. Unha postura que, denuncian, mudou “agora que ten que pedirlle permiso a Ayuso”.
Bouza lamenta que a “falta de peso político e de liderado do señor Rueda” estéalle a “pasar factura a Galicia e a Santiago de Compostela” e reivindica a postura do Partido Socialista en defensa desta conexión ferroviaria “con coherencia” e “para que a nosa terra teña un futuro digno”.