A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso informa de que debido a estes dias de choiva, o caudal de varios ríos e regatos no municipio subíu tanto que uns xa inundarios algunhas estradas secundarias e outros están a piques de facelo. Ás 13:00 horas de hoxe venres 8 de xaneiro, están cortadas estradas secundarias como a pista paralela a N-550, á a altura da Igrexa (parroquia de Oroso). A carretera que une Oroso con Trazo, por Vilanova, tamén está intransitable.
Dende Protección Civil aconsellan aos veciños e veciñas que informen de calquera problema no 112 e que non arrisquen a cruzar aquelas pistas que estean invadidas por torrentes de auga, debido ao perigo que poden supoñer ben de ser golpeados por algún obxecto que estea no río ben pola posibilidade de quedar no medio do caudal e mesmo ser arrastrados por el.