Friday 22 de November de 2024

O PSdeG aposta pola reindustrialización e as renovables para impulsar o emprego e reter o talento mozo


Membros da candidatura na provincia da Coruña mantiveron un encontro este venres con UGT e Comisións Obreiras para avaliar a situación laboral en Galicia

“Cos datos de emprego no Estado sobre a mesa demostra que as políticas impulsadas polo goberno de Pedro Sánchez en materia de emprego son as que precisamos importar a Galicia” afirman.

A candidata nº1 do PSdeG pola provincia da Coruña, Patricia Iglesias, reuniuse este venres cos sindicatos de UGT e Comisións Obreiras para analizar as súas inquedanzas e propostas en materia de emprego e política industrial en Galicia, avogando pola reindustrialización e a transición enerxética como factores “clave” nunha Galicia de futuro.

Iglesias insistiu nas potencialidades de Galicia en sectores estratéxicos, como o das enerxías renovables, na creación de traballo cualificado para a xente moza: “nós, a diferenza doutros partidos nacionalistas, temos claro que a industria vai ser clave para o crecemento económico e situar Galicia no mapa” defende. En este sentido, defende a candidata do PSdeG a oportunidade dos fondos europeos de recuperación con proxectos “estratéxicos” de transición enerxéticos en marcha no noso país.

“Precisamos importar as políticas de emprego do goberno de Pedro Sánchez a Galicia”

No encontro participou tamén o Secretario Xeral do PSdeG Santiago e candidato nº4, Aitor Bouza que destacou os datos do mercado laboral que adiantou a Enquisa de Poboación Activa publicada tamén este venres e que rexistra un novo récord de emprego en España, co paro máis baixo desde 2007: “demostra que as políticas impulsadas polo goberno de Pedro Sánchez en materia de emprego son as que precisamos importar a Galicia” afirma.

En contraposición, asegura Bouza, está o caso de Galicia con “tantos mozos e mozas que teñen que emigrar do noso país por non poder ter un futuro aquí na nosa terra”. Os socialistas aposta por un traballo “coordinado” cos sindicatos en materia laboral “implantando o diálogo social tamén aquí en Galicia da man de Besteiro” aseguran.

Convencido do cambio político na Xunta, Bouza asegura que Galicia precisa “dun presidente que leve adiante políticas de impulso do noso emprego, dirixidas tamén á mocidade galega, en lugar de darlle unha maleta para que vaian a outro país a buscar un traballo” e, defende, “ese presidente só pode ser José Ramón Gómez Besteiro”.