Saturday 16 de November de 2024

O Concello conmemora o Día da Educación Ambiental co obxectivo de aumentar a participación no seu programa municipal, aberto á cidadanía


A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, presentou as principais liñas de acción do programa, que neste 2024 aumentará un 58% o número de alumnos e alumnas participantes

O Concello da Coruña conmemorou este 26 de xaneiro oDía Mundial da Educación Ambiental coa presentación dos grandes logros acadados polo Programa Municipal de Educación Ambiental e os principais obxectivos para este 2024. A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, foi a encargada de explicar as características deste programa que o ano pasado acadou cifras récord de participación, cun total de 671 actividades divididas en 236 módulos nos que participaron 4.236 alumnos e alumnas de 38 centros diferentes.
“O obxectivo do Goberno de Inés Rey para este novo ano é volver aumentar o número de participantes do programa a través da súa maior difusión entre a cidadanía”, indicou Noemí Díaz. O Programa Municipal de Educación Ambiental está aberto a toda a cidadanía, non só a estudantes. “Este programa non só educa, senón que tamén se focaliza na transformación da sociedade cara a prácticas máis sostibles e unha conexión máis profunda coa contorna”, indicou a edil.

O obxectivo principal do Programa Municipal de Educación Ambiental é proporcionarferramentas de coñecemento do medio ambiente á cidadanía. As persoas e colectivos participantes non só adquiren coñecementos teóricos, senón que se benefician de obradoiros prácticos e experiencias de aprendizaxe de grande utilidade para o seu día a día. “A educación ambiental é fundamental para a construción dun futuro sostible para a sociedade,que cada vez participa máis neste tipo de iniciativas que promoven a comprensión e orespecto cara o medio ambiente”, sinalou a concelleira. “Non é suficiente con mellorar a rede de abastecemento de auga da cidade, como fixo este goberno, e ser o Concello con menores perdas de auga na rede municipal de abastacemento, cun sistema de recollida de auga máis eficiente. Non é suficiente porque o cambio climático non é futuro, estámolo a vivir e cada ano acádanse temperaturas récord”, engadiu Noemí Díaz.

O Programa Municipal de Educación Ambiental conta con catro grandes eixes de actuación: os centros escolares, o traballo en praias, os eventos en días sinalados e a comunicación.

Nos centros escolares, de febreiro a xuño desenvolveranse máis de 800 actividades de sete temáticas ambientais: diversidade biolóxica, ciclo da auga, economía circular, enerxía e cambio climático, mobilidade, respecto animal e calidade ambiental. Neste 2024 hai 38centros inscritos, o que supón un aumento do 26% con respecto ao 2023. Tamén aumentan as actividades programadas ata 842, nun 25%, e o número de alumnos será de 6.683, un 58% máis que no 2023.

En canto aos eventos en días sinalados, o programa contará con actividades o 23 de marzopola Hora do Planeta e o 5 de xuño polo Día do Medio Ambiente. Ademais, organízanse visitas periódicas ao ENIL Torre de Hércules, ao Monte e ao ENIL das Illas de San Pedro, ao Centro Municipal para o Clima e a Enerxía Sostible, aos xardíns de Méndez Núñez e ao parque de Santa Margarida ou á Rede de Calidade do Aire da cidade. Por outra banda, no verán porgramaranse 111 actividades na praia de Riazor, nos meses de xullo e agosto.

A concelleira de Medio Ambiente fixo fincapé na necesidade de levar a cabo políticas que axuden a ralentizar a acción do cambio climático, poñendo como exemplo a calidade do aire.
“É imperioso reducir o uso dos vehículos de combustión, e xa non só pensando en reducir osgases de efecto invernadoiro, que tamén, pero temos que pensar no aire que respiramos. Ogoberno de Inés Rey segue apostando polas peonalizacións, pola mobilidade sostible,potenciando o uso do transporte colectivo, baixando o prezo do billete e impulsando dun xeito definitivo a mobilidade ciclista”, sinalou. Nesta liña, nunhas semanas o Concello presentará unha estratexia de renaturalización da cidade, a estratexia Coruña VERDEA, a través da cal apostarase por unha Coruña máis verde, que sexa quen de mitigar os efectos do cambio climático.