Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ribeira porá en marcha a recollida separada de residuo orgánico o vindeiro 1 de febreiro


A concelleira de Medioambiente, Antía Alberte e a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, anunciaron hoxe a posta en marcha da recollida da 5º fracción.

A recollida separada da materia orgánica porase en marcha o vindeiro día 1 de febreiro en Ribeira, Palmeira e Aguiño, donde xa se están instalando os contedores de cor marrón nos que a veciñanza poderá depositar estos residuos. O Concello repartirá tarxetas para a apertura dos contedores a toda a veciñanza interesada en separar esta fracción. O Concello elaborou ademáis un mapa interactivo donde a veciñanza poderá consultar a ubicación destes contedores.

“No contedor de residuos orgánicos, pódense depositar materiais biodegradables, é dicir, aqueles que se descompoñen naturalmente a través de procesos biolóxicos.” explicou a concelleira Antía Alberte. “Este sábado uns educadores ambientais colocarán un stand informativo no Malecón para todo aquel que estea interesado no aprendizaxe da correcta separación”. Segundo explicou, neste stand a veciñanza tamén poderá obter as tarxetas de apertura dos contedores.
“Os cidadáns terán a oportunidade de separar e dispoñer adecuadamente dos refugallos orgánicos, que constitúen unha parte significativa dos nosos residuos urbanos.” afirmou a concelleira Tania Redondo. “Ao facelo, non só reduciremos a cantidade de residuos que van ás entulleiras, senón que tamén aproveitaremos estes materiais para a produción de compost de alta calidade, un valioso recurso para a agricultura e a xardinería.”